Ruta circular de aproximadamente 8,6 km e de pouca dificultade técnica, que permite percorrer tramos dos ríos Lérez e do seu afluente Maneses. A ruta está recoñecida e homologada como PR-G 230.
Ó longo do percorrido pódese ver unha fermosa paisaxe e vexetación propia da ribeira dos ríos, así como varios muíños fariñeiros, hoxe en desuso, pero que nos falan da importancia dos regatos e da economía agraria no pasado recente do concello.
O sendeiro marcado pasa cerca do PAAR (Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre), polo que é unha boa opción para camiñar un chisco máis e visitar este centro dedicado á difusión dos petróglifos.
Galería de imaxes





