Skip to content Skip to footer

Petróglifo de Pedra de San Francisco

Iniciar unha ruta en Google Maps

Atópase moi preto da igrexa parroquial de Santa Mariña das Fragas, polo que se pode aproveitar a visita para ver tamén esta fermosa igrexa con fachada románica.

O petróglifo  presenta círculos, coviñas e cérvidos, en moi bo estado de conservación, polo que resulta sinxelo vela incluso en condicións de luz pouco favorables.

Calco Petroglifo da Pedra de San Franciso


Tal vez o máis curioso desta rocha é o feito de que non se atopa no seu lugar orixinal, xa que foi desprazada da súa ubicación. Aínda que os motivos non se coñecen, o máis probable é que fose debido ás obras da pista que da acceso a ela,.

O petróglifo neste caso, a pesar de ter sido desprazado, foi respectado e colocado nun lugar que permite a súa visita.