Skip to content Skip to footer

Petróglifo de pedra da Boullosa

Iniciar unha ruta con Google Maps

Este gravado tamén se coñece dende moi antigo, e foi recollido xa en 1935 no Corpus Petroglyphorum Gallaeciae de Ramón Sobrino Buhigas. Pódese  chegar percorrendo unha fermosa subida que comeza preto da igrexa de Santa Mariña das Fragas, e que discorre parcialmente por un camiño empedrado, mostra da riqueza etnográfica de Campo Lameiro.

A laxe atópase dentro dunha finca pechada cun valo de pedra, que pasa moi preto do petróglifo. Alí atoparemos un gran panel con moitos motivos de todo tipo: combinacións de círculos concéntricos, coviñas ou cervos, algún deles cunha gran cornamenta.

.Alí atoparemos un gran panel con moitos motivos de todo tipo: combinacións de círculos concéntricos, coviñas ou cervos, algún deles cunha gran cornamenta.

Tamén se poden observar gran cantidade de cruces, que ocupan practicamente toda a superficie da pedra, e que polas súas características se corresponden xa con momentos máis recentes da historia, que poderían vir dende a Idade Media ata os nosos días. Estas cruces moitas veces servían para cristianizar as rochas con gravados, e outras veces tiñan unha función máis práctica como marcar lindes e propiedades.

Os motivos que máis destacan son as figuras humanas, que semellan pastorear ou conducir un grupo de animais e, sobre todo, a gran serpe que aparece gravada reptando pola superficie da pedra. Trátase da serpe máis longa e con máis detalle coñecida nun petróglifo galego, o que convirte a este petróglifo nun lugar moi especial.