Skip to content Skip to footer

Petróglifo de pedra da Carballeira do Pombal

Iniciar ruta en Google Maps

É o petróglifo visitable que se pode atopar máis preto das casas, neste caso do núcleo central do concello de Campo Lameiro, polo que se pode visitar dando un pequeno paseo pola vila e apreciando as mostras de arquitectura popular, así como as vistas.

Aparece recollido xa no Corpus de Ramón Sobrino Buhígas e foi declarado Monumento de Interese Histórico Artístico en 1974. Se trata de dos rocas cubiertas de motivos poco habituales en el resto de los grabados del ayuntamiento.

Trátase de dúas rochas cubertas de motivos pouco habituais no resto dos gravados do concello. Atopámonos sobre todo con cruces inscritas en círculos ou en cadrados, que moitas veces presentan tamén pequenas coviñas. A súa cronoloxía é incerta podendo ser de época prehistórica ou histórica.