Iniciar unha ruta con Google Maps
Esta é outra das áreas acondicionadas para a visita libre, conta cun peche perimetral, e unha pasarela para mellorar o punto de vista da rocha. Coñécese dende moi antigo, estando xa incluída no Corpus de Ramón Sobrino Buhigas publicado en 1935. A súa imaxe formou e forma parte de moitas cousas en Campo Lameiro, sendo un emblema da identidade local.
É un dos maiores paneis con petróglifos de todo o concello, e ata que apareceu o gran cervo de Laxe dos Carballos (que pode verse no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre) era a representación dun cervo máis coñecida de Campo Lameiro, e unha das máis grandes de Galicia.

Contén moitos motivos de cervos e círculos, pero destaca a representación dun gran macho, cunha cornamenta moi desenvolvida. Interprétase como un macho durante a berrea, por ter a cabeza levantada, a boca aberta como berrando, e a representación do falo.
Galería de imaxes








