Patrimonio Relixioso de Campo Lameiro

Se se quere visitar o interior dos templos deberá facerse nos días nos que haxa oficios relixiosos, xa que polo regular atópanse pechados o resto do tempo. Para saber os días e horas de culto en cada igrexa pódese contactar co concello en horario de atención ao público. Todas as visitas son benvidas, xa que ademais de centros de culto son patrimonio artístico e relixioso que merece ser coñecido e valorado. Rógase facelo con respecto para evitar molestias aos usuarios.