Skip to content Skip to footer

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR)

Iniciar unha ruta con Google Maps

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre é un complexo museístico pertencente á Xunta de Galicia, que consta de dous espazos de visita ós que se pode acceder coa mesma entrada.

Por unha banda un centro de interpretación onde se pode visitar unha exposición que ofrece os contidos básicos sobre os petróglifos e a época na que foron realizados, neste espazo tamén se poden realizar obradoiros para todos os públicos que nos achegan ó pasado dun xeito máis lúdico e interactivo. 

Por outra banda, unha área arqueolóxica exterior de 22 hectáreas onde se atopan os petróglifos no seu emprazamento orixinal así como a reconstrución dun poboado da Idade do Bronce. A área arqueolóxica pode visitarse de xeito libre ou con visita guiada cos monitores do Parque.

Para máis información sobre prezos, horarios de visita e tipos de actividades que se poden realizar, recomendamos visitar a súa páxina web, e lembramos que aqueles que residan en Campo Lameiro teñen entrada gratuíta.

Parque Arqueolóxico do Arte Rupestre (PAAR)Web da Xunta Galicia

Galería de imaxes