Igrexa de orixe barroca, que foi construída grazas ás doazóns de Juan Antonio Cerviño, e que domina unhas fermosas vistas sobre o val do Lérez. Formando parte do conxunto atopamos unha praza empedrada, onde se atopa o cruceiro que data de 1660, e tamén o cemiterio ó lado de abaixo do templo.
A praza daba acceso á antiga reitoral, hoxe en desuso, que contaba con gran importancia, como se pode ver aínda a día de hoxe polos restos da vivenda, construcións accesorias, muíño propio e pombal.
No seu interior, formando parte da construción da escaleira que sube á tribuna, consérvanse unha ara romana reutilizada como material de construción, que podería falarnos dun xacemento máis antigo do entorno da igrexa.
Galería de imaxes





