Iniciar unha ruta en Google Maps
Pequena igrexa parroquial, situada na parte baixa do lugar, que forma conxunto co cemiterio. O cruceiro atópase nunha pequena praza un pouco antes de chegar ó templo.
A día de hoxe presenta unha mestura de distintos estilos e épocas, pero pódese ver aínda certa influencia románica.
Destacan no seu interior os restos dun antigo baldaquino que foron restaurados e postos en valor. Trátase de tres pezas de granito que representan o martirio de San Sebastián, o enterro de Cristo e unha escena do pecado orixinal. O conxunto data de principios do século XVI.
Galería de imaxes







