Skip to content Skip to footer

Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Fragas

Iniciar unha ruta en Google Maps

A fachada deste templo é de orixe románica, e é o elemento máis singular da mesma. Segundo os expertos data da segunda metade do século XII, ó igual que a ábsida de San Miguel de Campo Lameiro.

Existe a lenda de que a ábsida de San Miguel Campo Lameiro e a fachada de Santa Mariña das Fragas foron antigamente partes dun mesmo templo, que logo foi remodelado, quedando cada unha nunha igrexa diferente, aínda que semelle pouco probable que a historia sexa certa.

Outro dos seus principais elementos de interese era un baldaquino de estilo gótico, que na actualidade non pode verse in situ, xa que pasou a ser propiedade do Museo Provincial de Lugo onde pode verse exposto no claustro.

Galería de imaxes

Galería de vídeos