Skip to content Skip to footer

Igrexa Parroquial de San Miguel de Campo Lameiro

Iniciar unha ruta en Google Maps

A súa orixe é un templo románico que os expertos datan na segunda metade do século XII, do cal se conserva a ábsida semicircular. Recentemente atopouse unha inscrición no exterior da mesma que fai pensar que podería ter sido consagrada en 1201.

A portada é de estilo renacentista, xa que a totalidade da nave foi transformada en 1639 segundo a inscrición situada na fachada.

O altar maior presenta un retablo do século XIX, obra de Manuel de Vallo. Tras el, recentemente, documentáronse restos de varias pinturas murais que se atopan en fase de estudo, pero que segundo os primeiros indicios poderían datar dos séculos XV-XVI na súa capa máis recente.

No su entorno se encuentra también el crucero principal y el cementerio. La casa rectoral (actualmente en uso) puede verse desde la fachada principal, al lado del cruce de carreteras, lugar donde también se ubica un antiguo peto de ánimas.

Galería de Imaxes

Galería de Vídeos