Iniciar unha ruta en Google Maps
Aínda que a día de hoxe se atopa sen escavar as estruturas defensivas son moi recoñecibles a simple vista, polo que se recomenda a visita para aquelas persoas que queiran dar un paseo pola natureza e ver o emprazamento e forma dun castro tal como o atopamos antes das intervencións arqueolóxicas.
Polo lugar onde se atopa, controlando un pequeno val, sobre unha elevación pero de pequena altura, seguramente se trate dun castro do Ferro II. Sería previsible atopar nel construcións feitas en pedra , contrastando coa ubicación e cabanas perecedoiras que podemos atopar no castro de Penalba (que se correspondería co Ferro I).
O camiño que conduce a el discorre pola actual aldea de Praderrei, e o seu último tramo é unha corredoira empedrada ó xeito tradicional, na que aínda podemos ver as pegadas das rodas dos carros que percorreron estes camiños durante séculos.
Ten una pequena croa no seu interior, formada por un afloramento de granito, pero o que máis destaca son as súas defensas.
Galería de imaxes


