Skip to content Skip to footer

Casa Rural A Avoa María

A Casa Rural A Avoa María é unha casa rural para alugueiro vacacional que dispón de 5 Cuartos dobres para 10 persoas, con posibilidade de engadir camas supletorias ata 12-14 persoas. Para evitar as quendas ao baño polas mañás cada habitación ten dentro o seu propio baño, como nun hotel de luxo.  Todas as habitacións son exteriores e con vistas á montaña. Desconectarás de todo.

Por iso, o noso lema é Practica o Desconecting, porque che aseguramos que desconectarás de todo cando te sentes no noso soportal para escoitar o son da natureza. Pero sabemos que ás veces necesitas consultar datos; así que instalamos Wifi. A nosa recomendación é que non a uses moito e poñas de escusa que non hai cobertura.

Localización

Parroquia: Moimenta (Santa María)
Lugar: A Brea 4 
36110  Campo Lameiro – Pontevedra
Coordenadas: 42º 34′ 00.5″ N – 8º 31′ 57.2″ W

Galería de imáxes

Web
https://aavoamaria.es/