Skip to content Skip to footer

Casa Parada da Capela

Casa de arquitectura tradicional galega con vistas á montaña. Situada nunha contorna natural máxica que convida á desconexión, dar longos paseos á beira do río, contemplar as estrelas desde a terraza ou o xardín, ler fronte ao lume da cheminea…
Ideal para gozar dunhas vacacións en familia.

A casa ten dúas terrazas a cada lado con leira privada, as terrazas dispoñen de mesa para comer ou almorzar, tumbonas e barbacóa. Unha das leiras, plantada con froiteiras e herbas aromáticas, está pechada para que non se escapen as mascotas. 

A zona alberga multitude de recunchos para perderse e viaxar a outras épocas contemplando os gravados rupestres e os castros; así como un amplo abanico de actividades como roteiros de sendeirismo, praia fluvial, parque multiaventura…
A 3 Km da casa atópase o Parque Arqueolóxico da arte Rupestre de Campo Lameiro un lugar ideal para coñecer os petróglifos de Galicia -uno dos máis destacados conxuntos de arte rupestre ao aire libre do continente europeo.

Servizos e zonas comúns

A casa coas leiras e as terrazas está na súa totalidade ao dispor dos hóspedes.

Contacto

https://www.airbnb.es/users/show/16037928

Galería de imaxes