Iniciar unha ruta en Google Maps
Pequena capela situada na croa do castro de Penalba, que domina unha das mellores vistas do val do Lérez de todo o concello.
A advocación actual é a de San Antoniño de Penalba, e a construción que vemos data do século XVIII, se ben seguramente se construíse sobre os restos dunha edificación anterior. Tódolos 13 de xuño celébrase unha romaría en honra ó San Antonio, que é unha das festas máis celebradas no concello.
Documentación recente localizada polo párroco Fermín Iglesias Santiago fixo saber que hai unha advocación máis antiga a San Martiño, polo que actualmente o lugar conta con dúas romarías populares, unha de verán (San Antonio) e unha de inverno (San Martiño).
Galería de imaxes







