Skip to content Skip to footer

Área recreativa de Lodeiro

Iniciar unha ruta en Google Maps

Sitúase na unión do río Lérez co Maneses, e o seu principal atractivo é o paisaxístico, xa que se nesta área pódese desfrutar da vexetación autóctona de ribeira e os seus cambios estacionais. En calquera época do ano recomendamos a visita, xa que a paisaxe e os propios ríos van cambiando segundo as características propias de cada momento.Para aqueles que queiran explorar un pouco máis a beleza da zona aquí inicia a ruta de sendeirismo do Río Maneses.

A maiores conta cunha zona de praia fluvial e merendeiro, o que o fai un emprazamento ideal para pasar o día ou descansar despois dunha visita ó resto do concello.

Esta zona do río tamén é un recoñecido coto de pesca, algo que valoran moito os amantes deste deporte

Galería de imaxes

Galería de vídeos