Skip to content Skip to footer

Área arqueolóxica de Chan da Lagoa

Iniciar unha ruta con Google Maps

Esta é unha das grandes concentracións de petróglifos que podemos atopar no concello de Campo Lameiro. A visita é libre e ó longo dun sendeiro que nos vai guiando pola zona poderemos visitar un total de 7 rochas con gravados mentres damos un pequeno paseo. A área conta cunha zona de aparcadoiro onde deixar o coche no inicio do camiño.

Destacan nesta zona as dúas rochas que se atopan xusto ó principio da área, sendo os paneis máis grandes e con máis motivos. Nestes petróglifos podemos ver un gran número de motivos. Destacan pola súa importancia varios deles:

Área Arqueolóxica Chan da Lagoa – Campo Lameiro

Os cervos, que aparecen representados de forma moi numerosa, e que teñen o que se chama o estilo do Val do Lérez, coas patas representadas cunha soa liña unida, de perfil, e adiantadas, dando sensación de movemento.

Os laberintoides, que son un motivo que imita o debuxo do labirinto (tipo Mogor), pero que están realizados con erros que non permiten facer ben o deseño completo.

As escenas de monta. Podemos ver polo menos tres nun dos paneis principais, onde aparecen figuras humanas ó lombos de cabalos ou nun caso dun posible cervo.


Os ídolos cilindro. Son representacións de silueta rectangular, ás veces coa zona superior marcada, que tradicionalmente se interpretan como deuses ou ídolos.

Galería de imáxes

Galería de calcos

Galería de vídeos